O cemiterio municipal de San Froilán únese á celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural

O Concello programou para este martes, 5 de xuño, unha xornada de teatro, a cargo da compañía luguesa Palimoco Teatro. A actuación terá lugar ás 21:00 horas e a asitencia é libre

Domingo, 03 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Concello e Cidadanía, que dirixe Rosana Rielo, programou para este martes, 5 de xuño, unha actuación teatral, baixo o título Quen ocupa esa cadeira no cemiterio, a cargo da compañía luguesa Palimoco Teatro. A actuación terá lugar ás 21:00 horas e a asitencia é libre.  

Esta xornada de teatro enmárcase dentro da programación cultural diversa que organiza a entidade local ao longo do ano para promover o coñecemento e difusión do cemiterio de San Froilán. Coa representación teatral tamén se celebra a Semana para descubrir os cemiterios, que promove a Asociación Europea de Cemiterios Significativos (ASCE), da que forma parte o camposanto lucense, xunto con outros 178 cemiterios de 22 países, con motivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural. É pois unha cita orientada a achegar estes espazos á cidadanía e dar a coñecer o seu patrimonio cultural, artístico e histórico.

Audio

Noticias relacionadas