O Cemiterio Municipal de San Froilán conmemora o Día da Nai

Domingo, 07 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 O Cemiterio Municipal de San Froilán conmemora o Día da Nai

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e outros membros da Corporación Municipal, participaron este domingo nos actos de celebración do Día da Nai, que tiveron lugar no Cemiterio Municipal de San Froilán a partir das 11:30 horas. Un concerto de frauta traveseira a cargo de Marieta Neira, a lectura do poema A morte da miña nai, na voz de Marica Campo e unha ofrenda floral, foron os actos de lembranza organizados polo Concello en homenaxe a todas as nais. Ademais, a entidade local agasallou cun pequeno ramo de margaridas a cada persoa visitante.

Noticias relacionadas