O Cemiterio acolle un concerto dentro da programación da XLIII Semana de Música do Corpus 2015

A actuación terá lugar o sábado 30 de maio ás 18 horas e será de carácter gratuíto

Luns, 25 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, informa que o vindeiro sábado 30 de maio ás 18 horas celebrarase o concerto organizado dentro da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, XLIII Semana de Música do Corpus 2015, no Cemiterio de San Froilán, recinto que está xa totalmente integrado na rede de centros socioculturais da cidade.

O concerto correrá a cargo do Cuarteto de saxofóns Skirion, quenes nos acompañarán e gratificarán coas súas interpretacións musicais. Este grupo, formado por catro mozos galegos, comezou a súa andaina no ano 2012 tendo alcanzado as semifinais nas Xornadas Europeas de Música de Cámara en Illzach (Francia). As súas actuacións puideron ser apreciadas nos auditorios e conservatorios máis importantes de Galicia e España.

En xaneiro do 2014 gravaron  o seu primeiro traballo discográfico, “Recitation Book” cun interesante percorrido polas obras de Bach, Maslanka, Paul Creston e Granados.

Nesta ocasión  ofrecerannos pezas musicais de:

  • Jean Baptiste Singelée (1812-1875)
  • Gabriel Pierné (1863-1937)
  • Eugène Bozza (1905-1991)
  • Alfred Desenclos (1912-1971)

Noticias relacionadas