O CEI-Nodus xa dispón dunha sala "coworking" para facilitar o traballo aos emprendedores

Xoves, 21 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, asistiron esta mañá a posta en marcha dun novo espazo no CEI-Nodus, unha sala coworking ou sala de colaboración empresarial. Este centro proporcionará un escritorio individual, acceso a Internet e outros servizos compartidos como wifi, material de oficina, equipos de impresión, sala de reunións, biblioteca e sala de ocio ou asesoramento técnico.

López Orozco destacou que “poñemos ao servizo de empresarios da cidade ou de fóra que precisen un espazo para poder traballar e desenvolver as labores que fan normalmente dende a casa ou dende a súa propia empresa.” Ademais de destacar que se trata dun servizo gratuíto para os emprendedores e “pioneiro en Galicia que conta cun gran éxito en grandes cidades como Madrid”.

Coa creación desta sala coworking, o Concello, trata de dar facilidades e eliminar trabas aos emprendedores ao reducir os custes que supón o aluguer dunha oficina xa que esta partida pode supoñer a ser un 10% da facturación. Desta maneira ofrécese soporte aos emprendedores e empresas que inician a súa andadura para a consolidación dos seus proxectos empresariais, co fin de promover o desenvolvemento económico e a creación de emprego estable.

No acto, López Orozco, fixo entrega dos diplomas dun curso de redes sociais de 8 horas que se impartiu no CEI-Nodus no mes de xuño e que estaba orientado a persoas con pouco coñecemento en materia de redes sociais. Este curso realizárono un total de 20 persoas que se adentraron no mundo das redes sociais e a súa relación co emprendemento e na busca de traballo.

CEI-Nodus cei.lugo.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas