O CEI Nodus desbordou este venres talento feminino

Ana Prieto inaugurou unha mesa redonda, organizada polo Concello e a Asociación de Mulleres Emprearias, co obxecto de visibilizar e fomentar o talento das mulleres

Venres, 30 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O CEI Nodus desbordou este venres talento feminino

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, inaugurou este venres, no CEI-NODUS, a Mesa Talento en Feminino, que organiza o Concello xunto á Asociación de Mulleres Empresarias, co obxecto de visibilizar e fomentar o talento das mulleres.

Nesta mesa redonda participaron tres emprendedoras de éxito: Mónica Pérez, fundadora de Triesfera, unha empresa de deseño e impresión en 3D que saíu do plan de apoio ao emprendemento Inicia Coworking do Concello; Noemí Bellas, fundadora de Libolis, a primeira escola de emprendemento para nenos e nenas de Galicia; e Maruxa García, xerente e cofundadora de Tastelab, a primeira empresa de tecnoloxía de análise sensorial de España, spin off do Campus Terra.

No acto, Prieto amosou o apoio do Goberno a todas aquelas iniciativas, actividades e ideas que impulsen o emprendemento, en especial o feminino, ao tempo que destacou o papel de visibilización que se consigue con este tipo de xornadas, coas que se lembra e homenaxea a todas aquelas mulleres innovadoras, que axudaron e axudan co seu talento ao avance da sociedade. 

Noticias relacionadas