O CEI-Nodus contribuiu a crear máis de 300 postos de traballo na cidade

Mércores, 16 de outubro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, recibiron a un grupo de 30 alumnos do IES Virxe dos Ollos Grandes que realizaron unha visita ás instalacións do CEI-Nodus e aos que lles explicaron os datos máis significativos da entidade.

López Orozco, destacou a importancia de coñecer “todas as posibilidades que nos rodean para poder sair ao mercado laboral” e deu a coñecer os datos de funcionamento do CEI-Nodus. Así, dende o ano 2008 realizáronser un total de 1.413 asesoramentos dos que se crearon 275 novas empresas. En canto ás instalacións do propio centro, foron 53 empresas as que naceron e se desenvolveron nos primeiros anos no mesmo e que dan traballo a máis de 300 persoas. Na actualidade hai 29 empresas que están nas diferentes fases de desenvolvemento nas propias instalacións.

O Alcalde de Lugo tamén resaltou o éxito empresarial das empresas do CEI-Nodus queda de manifesto observando o alto porcentaxe de supervivencia das mesmas, un 75%. Ademáis déronses varios casos de empresas que  abandonaron o espazo antes de esgotar o prazo máximo de autorización de uso de local (4 anos), dado que medraron en traballadores e en volumen de facturación.

Desta maneira, estes mozos e mozas, coñeceron como se traballa e que accións se desenvolven nos diferentes departamentos do centro. Esta visita está enmarcada nas xornadas que leva a cabo o CEI-Nodus dende hai varios anos e que están dirixidas ao fomento do emprendemento e a motivación empresarial. Desta maneira, dende o Concello dáse a coñecer os servizos que se ofrecen para os emprendedores.

Nesta actividades tamén visitaron varios dos emprendedores instalados no CEI que lles ensinaron os proxectos que están desenvolvendo

Multimedia

Noticias relacionadas