O Caudal Fest consegue, na súa primeira edición, 4 nominacións aos Premios Fest, referentes en España

As nominacións para este festival, polo que apostou o Concello, son as seguintes: Mellor festival de mediano formato, Festival revelación, Mellor aportación turística á rexión e Mellor directo nacional: Vetusta Morla

Martes, 09 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest consegue, na súa primeira edición, 4 nominacións aos Premios Fest, referentes en España

O Caudal Fest conseguiu, na súa primeira edición, 4 nominacións aos Premios Fest, o único recoñecemento en España dedicado aos festivais de música. As nominacións para este festival, polo que apostou o Concello debido a repercusión que tería para Lugo, son as seguintes: Mellor festival de mediano formato, Festival revelación, Mellor aportación turística á rexión e Mellor directo nacional: Vetusta Morla. O proceso de votación inclúe apoios populares e a valoración dun xurado.

O Goberno de Lugo amosou a alegría por estas nominacións nuns premios que recoñecen ás citas musicais que sobresaen no ámbito nacional pola súa organización, aportación turística, programación ou campaña de comunicación. Xunto ao evento urbano lugués compiten máis de 150 festivais de todo España.

Nesta liña, o Goberno subliñou que estar na lista de nominacións destes galardóns tan relevantes nun país tan activo en cuestións de festivais, o primeiro ano que se celebra; pon de manifesto que o evento tivo máis trascendencia e importancia aínda da que as cifras finais lle outorgaron, situando, só coas nominacións ao Caudal Fest fomo festival de referencia  e poñendo a Lugo no mapa nacional da cultura festivaleira, o que supón un beneficio innegable para a promoción do municipio.

O Caudal Fest, que tivo lugar o pasado mes de setembro a carón do río Miño, contou con 22.134 asistentes, e deixou o 100% de ocupación hoteleira, sold out na zona de descanso, 200 empregos directos creados e un impacto económico de 3 millóns de euros. 

Noticias relacionadas