O Caudal Fest: 22.134 asistentes, 100% de ocupación hoteleira, sold out na zona de descanso, 200 empregos directos creados e un impacto económico de 3M€

Lara Méndez, Iria Quelle, Rubén López e Jacobo Garíca fixeron balance esta mañá dun festival que xa apuntaba algo grande, pero cuxas cifras finais superaron ás expectativas

O primeiro cartel do Caudal Fest tivo presenza dun 57% de artistas galegos, dos que moitos deles non dubidaron en facer un chamamento a aposta por este festival

Martes, 25 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal  Fest: 22.134 asistentes, 100% de ocupación hoteleira, sold out na zona de descanso, 200 empregos directos creados e un impacto económico de 3M€

O Caudal Fest xa apuntaba algo grande, pero as cifras finais, que falan por sí soas, superaron ás expectativas, con máis de 22.134 persoas asistentes ao longo do vernes e sábado no recinto do festival, na contorna do parque do Pazo de Feiras e Congresos, un 32% de Lugo, 48% do resto de Galicia e 20% de fóra de Galicia; o que o converte xa nun dos principais festivales de Galicia.

Precisamente a ubicación do festival foi unha das cousas máis valoradas, non só polos festivaleiros e festivaleiras; senón tamén polos propios artistas; así como a propia organización e a calidade das infraestruturas, clave tamén no éxito da cita musical.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, unha das organizadoras do evento, Iria Quelle, o xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López, e o secretario da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APRHL), Jacobo García; fixeron este balance ao longo da mañá, onde se amosaron máis que satisfeitos pola repercusión deste primeiro festival en Lugo, a primeira cita destas características na cidade.

O Concello apostou por unha iniciativa que creía que tería moita repercusión na cidade e así é, pois o Caudal Fest deixa unha ocupación hoteleira do 100% en Lugo, chegando ao 90% en localidades colindantes, e sold out na zona de descanso, con 1.000 persoas. Así mesmo, pecha a súa primeira edición cun impacto económico en Lugo "moi importante para a cidade", de máis de 3 millóns de euros, sen olvidarnos da creación de 200 empregos directos; "unha cita que, polo tanto, contribúe a mover a economía no municipio e nas súas inmediacións", asegurou Méndez.

Iria Quelle lembrou a boa acollida, dende o primeiro momento, do Caudal Fest, que foi capaz de vender 6.500 entradas na primeira xornada, ao tempo que agradeceu o apoio do Concello.

Pola súa banda, Rubén López amosouse satisfeito do lugar de celebración desta cita, que lle dá un uso novo e unha explotación moderna ao recinto, convertíndose este festival no segundo evento de maior repercusión do Pazo de Feiras e Congresos. Tamén pediu continuidade a esta cita, que tivo repercusión nacional e internacional, con másid e 60 periodistas acreditados, incluso ata de México; unha demanda que compartiu Jacobo García.

O primeiro cartel do Caudal Fest tivo presenza dun 57% de artistas galegos, dos que moitos deles non dubidaron en facer un chamamento de aposta por este festival.

Audio

  • A alcaldesa Lara Méndez, sobre o éxito do Caudal Fest | Descargar mp3

Noticias relacionadas