O Campionato Provincial de Orientación do programa Xogade congrega na cidade de Lugo a máis de 380 atletas

Miguel Fernández e Ana Abelleira participaron este xoves no acto de entrega dos premios desta competición, coa que colabora o Concello

Xoves, 10 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Campionato Provincial de Orientación do programa Xogade congrega na cidade de Lugo a máis de 380 atletas

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participaron este xoves no acto de entrega dos premios do Campionato Provincial de Orientación nas categorías infantil e cadete, que se celebra dentro do programa Xogade, organizado polo Servizo Provincial de Deporte, e que conta coa colaboración do Concello e o Club Fluvial. Esta competición congregou na cidade de Lugo a máis de 380 atletas de toda a provincia. 

Noticias relacionadas