O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo deixouse coñecer con andainas guiadas este Nadal

Máis de 70 persoas participaron nos paseos gratuítos organizadas polo Concello para potenciar este Ben Mundial, tras o éxito acadado destas visitas en Semana Santa e ao longo do verán

Carmen Basadre despediu este luns aos participantes da andaina de hoxe. Os interesados en participar mañá na última visita poden anotarse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo

Luns, 02 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Camiño Primitivo ao seu paso por Lugo deixouse coñecer con visitas guiadas este Nadal. Trátase das andainas organizadas polo Concello ao longo destes últimos días, tras o éxito que acadaron as levadas a cabo na Semana Santa e ao longo do verán.

Máis de 70 persoas participaron nas andainas que recorren este Ben Mundial, entre lugueses, coruñeses, santiagueses ou madrileños os días 26 e 27 de decembro, e hoxe mesmo. Para poder tomar parte na última visita, que terá lugar mañá martes, é necesario inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, despediu este luns aos participantes da andaina de hoxe, que partiron ás 12:00 horas dende o Centro de Información Municipal.

Audio

Noticias relacionadas