O balonmán galego celebra a súa festa de despedida de tempada na cidade

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes en funcións, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao Xefe Provincial de Deportes, Eduardo Fernández Abel, e ao Delegado da Federación Galega de Balonmán, Alfonso Darriba, o IV Torneo de Seleccións Provinciais Infantil Masculino, Femenino e Alevín Mixto de Galicia.

O torneo terá lugar este sábado, día 16 de xuño, entre as 10:30 e as 19:30 horas. Os encontros entre as seleccións de alevín mixto das catro provincias galegas disputaranse no Polideportivo do Palomar. Pola súa banda, os equipos de infantil femenino enfrontaranse no Pazo Municipal dos Deportes, mentres que os da categoría de infantil masculina xogarán no Polideportivo Duquesa de Lugo.

A entrega dos trofeos terá lugar a partir das 19:30 horas no Pazo Municipal dos Deportes. Os campións sairán vencedores dunha competición que enfronta a todos os equipos, que deben estar formados por catorce xogadores e tres oficiais. Os partidos terán unha duración de tres tempos de quince minutos.

Este torneo supón un fito na cidade, pois desde hai dúas décadas non se celebraba unha competición de balonmán desta magnitude en Lugo. O edil explicou que fai tres anos poñéronse a funcionar dúas escolas deportivas para nenos, no centro educativo Menéndez Pelayo e no IES Politécnico, para recuperar a práctica deste deporte que estaba nunha situación de desaparición.

A celebración deste campionato na cidade servirá de festa de fin de tempada e para reflectir o traballo desenvolto por estes novos deportistas lucenses ao longo destes tres anos.

Noticias relacionadas