O baloncesto toma o Pazo Provincial dos Deportes co XI Clinic Lugo é Basket Hierros Ferreiro

O Concello colabora un ano máis con esta iniciativa, organizada pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, que terá lugar o vindeiro domingo

Os interesados en participar deben aboar 30 euros e enviar os datos persoais ao enderezo electrónico ajsc_lugo@hotmail.com adxuntando o ingreso correspondente

Xoves, 16 de xullo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cartel do Clinic Lugo

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón organiza o XI Clinic Lugo é Basket Hierros Ferreiro o vindeiro domingo, 19 de xullo no Pazo Provincial dos Deportes. O Concello de Lugo colabora un ano máis con esta iniciativa, posto que se enmarca dentro do seu apoio a todas as actividades relativas á formación dos deportistas lugueses e adestradores, para mellorar tanto a súa calidade deportiva como educativa.

O XI Clinic Lugo é Basket Hierros Ferreiro arrancará ás 10:45 horas coa recepción dos participantes e a entrega de material. Nesta ocasión, tres entrenadores de baloncesto de gran prestixio a nivel nacional e internacional serán os relatores. O adestrador da ACB, Gustavo Aranzana, o actual entrenador dos Mitsubishi Diamon Dolphins da liga xaponesa, Trifón Poch, e o adestrador lugués do Club Baloncesto Bregoán, Lisardo Gómez, darán nocións de exercicios para a mellora de lecturas no xogo e a toma de decisións e axustes durante os encontros. A toma de decisións en ataque e en defensa, exercicios para mellorar a defensa individual e os conceptos básicos defensivos son outros conceptos que estes entrenadores lles ensinarán aos participantes.

O custe da inscrición será de 30 euros, con descontos importantes para grupos. Para facer efectiva a inscrición chega con enviar os datos persoais a ajsc_lugo@hotmail.com, adxuntando o ingreso correspondente no nº de conta 2080-0151-19-3040007121 de Abanca. A inscrición leva apararellada a convalidación de 8 horas federativas para adestradores.  

Noticias relacionadas