O Auditorio Municipal Gustavo Freire vístese de humor co show Uno Pequeño y Libre de Pedro Ruiz

Carmen Basadre e o actor protagonista presentaron o espectáculo, que terá lugar mañá venres a partir das 20:00 horas

Os interesados poden adquirir as entradas nas instalacións do auditorio a partir de 20 euros

Xoves, 05 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Auditorio Municipal Gustavo Freire vístese de humor co show Uno Pequeño y Libre de Pedro Ruiz

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada do protagonista do show cómico Uno Pequeño y Libre, Pedro Ruiz, presentaron este xoves no Salón de Plenos este espectáculo humorístico, que acollerá mañá venres o Auditorio Municipal Gustavo Freire, ás 20:00 horas. As entradas poden adquirirse a partir de 20 euros nas mesmas instalacións do auditorio.

No acto de presentación, Basadre destacou o impulso que se lle está a dar dende o Concello ao auditorio Gustavo Freire. A Concelleira fixo fincapé no feito de que “este mesmo espazo sexa capaz da coller coa mesma naturalidade espectáculos de artistas amateur lucenses e galegos, como as catro funcións do Circuíto Galego de Teatro Amador que veñen de rematar, con shows de importante renome, como Uno Pequeño y Libre”.

Pola súa banda, Ruiz fixo un breve recorrido pola función, na que fala de fútbol, de publicidade ou de política, entre outros. Ao final, ten lugar unha homenaxe a artistas españois falecidos recentemente, tal e como avanzou o artista, quen convidou aos lugueses á asitir este espectáculo, dirixido a todos os públicos.

Uno Pequeño y Libre é un espectáculo humorístico de dúas horas de duración, dirixido e producido polo propio Pedro Ruiz. Neste show conflúe o audiovisual e a luminotecnia coa música en directo, o esperpento, a risa e a canción paradóxica; conxugando o humor e a emotividade.

Noticias relacionadas