O Auditorio Gustavo Freire conta cun novo mural realizado por alumnos da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón

Foi realizado en oito horas e simula a silueta da Muralla na que destacan árbores de cores

Martes, 17 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitaron o novo mural que se pode ver nunha das paredes interiores da entrada ao Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Esta obra foi elaborada desinteresadamente polos alumnos da materia de Pintura Mural do Curso de Deseño Gráfico da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón que estiveron no acto xunto coa Directora do centro, Esther Muñóz. Para a súa realización empregaron 8 horas para pintar na parede o debuxo que representa unha silueta da Muralla de Lugo con varias portas e campanarios e do que saen varios árbores en diferentes cores. Estes alumnos xa fixeron outros murais entre eles os do HULA.

López Orozco, impresionado polo mural, agradeceu o traballo destes mozos e mozas e declarou que “todas as paredes baleiras tiñan que ester cubertas por estas obras de arte que alegran a vista e serven de expresión cultural para os propios artistas”.

Multimedia

Noticias relacionadas