O Arde Lvcvs, presente na Asamblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, que se celebra en Rivadavia

Carmen Basadre participa no encontro, que reuniu este sábado a un centenar de persoas, pertencentes a 26 recreacións históricas

Sábado, 28 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs, presente na Asamblea Anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, que se celebra en Rivadavia

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou este sábado, en Ribadavia, na Asamblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH), da que forman parte os festexos do Arde Lvcvs.

Ao longo da xornada de hoxe, tiveron lugar distintas reunións propias da asamblea, onde, ademais dos temas ordinarios da xestión da asociación española, se formalizou a incorporación de nove festas, que pasarán a ser membros da AEFRH. Así mesmo, no encontro trabllallouse sobre as actividades, publicacións, asistencias a eventos e novos obxectivos a curto prazo para este coletivo. Tamén se presentou o novo vídeo promocional elaborado con fragmentos de vídoes de todas as festas para a promoción en feiras e eventos turísticos, tanto en territorio nacional como europeo a través das actividades da Confederación Europea e Manifestacións Históricas, á que pertence a AEFRH, exercendo a presidencia por un período de tres anos. De feito, Lugo foi no ano 2016 a primeira cidade española que acolleu a asamblea da Confederación Europea.

A AEFRH realiza estas reunións nas distintas localidades ás que pertencen as festas asociadas, co obxectivo de que todos elas teñan a oportunidade de amosar a riqueza e historia de cada lugar. En torno a un centenar de persoas, pertencentes a 26 recreacións históricas qu xa forman parte da AERFRH participaron neste encontro, que se completa cun programa paralelo de actividades para coñecer a localidade e o seus recursos turísticos. Ademais, programáronse outras actividades teatralizadas para difundir e promover a Festa da Istoria. 

21 festas e cidades asociadas

Na actualidade a AEFRH está formada por: Arde Lucus de Lugo, Astures e Romanos de Astorga (León), Carthagineses e Romanos de Cartaxena (Rexión de Murcia), Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Currais de Buelna (Cantabria), Mercaforum de Calahorra (A Rioxa), Vodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da Istoria de Ribadavia (Ourense), Xustas Medievais do Passo Honroso de Hospital de Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella (Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), O Regreso do Comendador de Mas de las Matas (Teruel), O Cronicón de Oña (Burgos), O Sinodal de Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), As Alfonsadas de Calatayud (Zaragoza), Feiras Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Xaén), Reino de Nájera, ( Nájera- A Rioxa), Homenaxe a Guillem de Mont- Rodón, (Monzón), Fin de Semana Cidiano, (Burgos).

5 novas incorporacións

Iberfesta Olocau, (Valencia), Festival Templario de Jerez de los Caballeros, (Badaxoz), Festival Medieval Vila de Alburquerque, (Badaxoz), Privilexio da Vara de Noja, (Cantabria) e Festival Ducal de Pastrana, (Guadalaxara).

Noticias relacionadas