O Arde Lvcvs Cvltvral arranca este sábado con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola Covid-19

Ana González Abelleira, anunciou que “traballamos nunha programación lúdico cultural, aberta e gratuíta”

As actividades de inspiración romana e castrexa que animarán á cidade previstas para setembro estarán compostas por dous paseos e un concurso infantil

Xoves, 17 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs Cvltvral arranca este sábado con actividades adaptadas ao novo escenario provocado pola Covid-19

A concelleira de Xuventude, Ana González Abelleira, anunciou hoxe, o inicio do Arde Lvcvs Cvltvral, que dará comezo o 19 de setembro para acoller dende o mes de setembro ata decembro actividades de inspiración romana e castrexa que animarán á cidade ata o inicio da 20 edición de Arde Lvcvs. “Dende o Concello e as asociacións de recreación histórica do municipio traballamos nunha programación que anunciaremos mensualmente, lúdico cultural, aberta e gratuíta, o  Arde Lvcvs Cvltvral, que arrincará o vindeiro sábado, sen esquecer que a primeira premisa debe ser o coidado da saúde dos que queiran participar” destacou a edil.

A edil explicou que se chegou a un acordo cas asociacións de trasladar o Arde Lvcvs Cvltvral, habitual nos meses previos ao Arde Lucus a estas datas para respetar as medidas e as restricións que nos foron impostas debido á pandemia causada polo Covid-19. "O Arde Lucus, é unha festa en constante renovación, este ano traballamos de cara a manter viva a súa chama, que non só é un desexo senón unha necesidade para a nosa cidade nestes momentos polo que nos vindeiros días voltaremos a manter entre todos o espírito vivo deste gran festexo” comentou Ana G. Abelleira.

Nesta edición contaremos cos paseos por Lugo con Paulo Fabio Máximo e Güidox que guiarán distintos percorridos pola cidade, en concreto pola Muralla, polas Termas Romanas, polo acueducto e polos xacementos arqueolóxicos. Trátase pois, de continuar traballando,por dar a coñecer a historia de Lugo.

En relación ás actividades do mes de setembro organizadas polo Concello de Lugo e as asociacións a concelleira quixo destacar a “implicación das asociacións” para manter as actividades culturais previstas, para, por un lado, manter o espírito e a chama da celebración. “Debemos reiventarnos por unha cuestión anímica, de insuflar optimismo á veciñanza” e quixo agradecer de novo “o gran traballo realizado polas 19 asociacións de recreacións histórica do municipio e a cidadanía en xeral, que se involucran ano tras ano no Arde Lvcvs e no Arde Lvcvs Cvltvral”.

Arde Lvcvs Cvltvral Actividades Setembro

Sábado 19 setembro

  • GUARDIA PRETORIANA
  • Paseo - conferencia A Muralla de Lucus Augusti dende o punto de vista da arqueoloxía, a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé Abraira
  • Porta de Santiago
  • 10 persoas*
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Xoves 24 setembro

  • SALESIANI LUCI AUGUSTI
  • Paseo cultural sostible polo Camiño Primitivo
  • Miliario Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • 10 persoas*
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox

Sábado, 26 de setembro

  • Percorrido pola Muralla
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • 10 persoas*
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 10 de outubro

  • Percorrido pola Ponte Romana e Termas Romanas
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 17  de outubro

  • Percorrido polo pasado romano do barrio do Carme
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 7  de novembro

  • Percorrido polas ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Noticias relacionadas