O Arde Lvcvs convoca ás tropas de Bracara Augusta

Carmen Basadre presentou este venres estes festexos, que cumpren nesta edición a maioría de idade, no marco de Expocidades, a feira de turismo do Eixo Atlántico

Venres, 31 de maio de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs convoca ás tropas de Bracara Augusta

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua en funcións, Carmen Basadre, achegouse este venres á Praza da República de Braga, que acolle estes días a mostra de turismo do Eixo Atlántico, Expocidades, cunha función clara: convocar ás tropoas de Bracara Augusta ao Arde Lvcvs, que cumpre nesta edición a maioría de idade.

O obxectivo desta viaxe é difundir a programación destes festexos, con preto de 400 actividades, na cidade irmandada con Lugo, e animar aos 6 millóns de persoas que forman a Euro-Rexión do Norte de Portugal e Galicia a achegarse do 13 ao 16 de xuño a Lugo a revivir a historia do pasado romano que comparten ambos lugares.

Noticias relacionadas