O Arde Lvcvs aspira a ser unha das 7 mellores festas de España

Un concurso a nivel nacional permite votar online por este festexo de recreación hsitórica. Actualmente, con preto de 700 festas competindo, o Arde Lvcvs está na terceira posición

O prazo para as votacións estará aberto ata o 31 de decembro e todos os usuarios poderán votar a través da web www.las7mejores.com

Luns, 04 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lvcvs aspira a ser unha das 7 mellores festas de España

O Arde Lvcvs aspira a ser unha das 7 mellores festas de España nun concurso a nivel nacional que busca os mellores festexos, a través dunha plataforma online de votación. En dito concurso, os usuarios poden votar pola súa festa favorita, añadir comentarios e fotografías e interactuar nun foro. Actualmente, con preto de 700 festas competindo, o Arde Lvcvs está na terceira posición. A plataforma busca ademais crear unha base de datos que recolla as Festas de España, agrupadas por población, o que serve como material de consulta.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, convidou a todo Lugo a votar por esta festa de recreación, declarada de Interese Turístico Galego, á que cada ano asisten máis visitantes.

O prazo para as votacións estará aberto ata o 31 de decembro e todos os usuarios poderán votar a través da web www.las7mejores.com. Sete días despois daranse a coñecer os gañadores dun viaxe para dúas persoas, no que gozarán dunha fin de semana dunha das sete mellores festas. 

Noticias relacionadas