O Arde Lucus forma parte da nova app Fiestas y Recreaciones Historicas dispoñible para sistemas operativos IOS e Android

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida por Carmen Basadre, informou da implantación dunha nova aplicación para poder ter toda a información sobre o Arde Lucus.

Xoves, 26 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Esta nova aplicación móbil permite ter información sobre a festa de Interese Turistico Galego Arde Lucus dende calquera punto do mundo. Esta aplicación creada pola Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas, e dispoñible gratuitamente para dispositivos con sistemas IOS e Android, permite facer un percorrido virtual por todas as festas que forman parte da asociación.

A app Fiestas y Recreaciones Históricas ten toda a información para organizar a viaxe ás distintas festas de recreación histórica e coñecer a historia, arte e costumes de cada unha das zonas de España. Ademais ten dispoñible cando, onde e como chegar a cada festa histórica, datos de contacto, ficha técnica completa con información complementaria.

Noticias relacionadas