O Arde Lucus dá comezo cun spot promocional e un documental onde se reflicte a capacidade de superación do pobo de Lugo

Dende ás 18.00 horas se emitirán polas redes sociais da festa distintos vídeos elaborados polos colectivos, que recollen aspectos importantes da historia romano castrexa da cidade
 
Ás 23.00 horas será o prendido da chama virtual Arde Lucus na Torre do reloxo da Casa Consistorial

Xoves, 25 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Arde Lucus dá comezo cun spot promocional e un documental onde se reflicte a capacidade de superación do pobo de Lugo

O Arde Lucus máis virtual da comezo este xoves á súa XIX edición co lanzamento do spot promocional desta edición e cun emotivo documental, no que representantes das 19 asociacións vinculadas á celebración falan da súa importancia para a cidade. 

Ademais, desde ás 18.00 horas se emitirán desde as redes sociais da Arde Lucus distintos vídeos elaborados polos colectivos, onde se ven reflicten aspectos importantes da historia romano castrexa de Lugo, e ás 23.00 horas será o prendido da chama virtual Arde Lucus na Torre do reloxo da Casa Consistorial.

O épico vídeo promocional, en galego e castelán, conta coa participación de todas asociacións en distintas localizacións emblemáticas. A voz do actor Luis Iglesias vai dirixindo un vídeo onde se recolle á forza desta celebración e a capacidade de superación do pobo de Lugo: “Baixo o lume sagrado da nosa memoria, na forxa dos deuses, en pedra e auga, trazaredes o voso camiño. Cando precisedes azos para seguir, o folgos para resistir, a vida ensinaravos que cada paso nos levará á fortuna. E cada pegada asegúrovolo, sinalará o camiño á victoria. Este é o voso fogar, olládeo, Lucus Augusti”.

No documental, mestúranse imaxes reais do Arde Lucus con declaracións de representantes das 19 asociacións, así como da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Xuventude, Ana González, nas que explican as vivencias desta festa, a súa evolución, a súa importancia para a cidade e como afrontar a transformación deste ano; así como as expectivas para o ano que vén con vistas a súa internacionalización.

Respecto á reformulación da festividade este ano debido á crise sanitaria, a alcaldesa subliña que “non foi unha decisión sinxela, pero é unha decisión responsable, o que queremos primeiramente é conter a propagación deste virus e, evidentemente, as festas masivas, con tanta afluencia como é o Arde Lucus non son aconsellables”, porén a rexedora apunta que “o Arde Lucus é pasado, é presente, pero sobre too, ten que ser futuro”.

Pola súa parte, Ana Abelleira explica que “o Arde Lucus é máis que unha festa, é un símbolo da cidade. A súa organización supón un reto continuo e este ano non podíamos deixar de facer cousas, pese á situación de incerteza, por iso seguimos traballando para manter o lume vivo, porque co Arde Lucus non pode ninguén, nin sequera unha pandemia”.

Actividades e programación

Esta XIX edición do Arde Lucus contará cun concurso de decoración e embelecemento de balcóns, ventás e fachadas. Súmase a este certame, o de caracterización, que consiste en subir fotografías, en modo público, ao Facebook co hashtag #concursovolveremos. Os premios consisten en experiencias dunha fin de semana nalgunha das cidades e vilas que se integran, cos seus festexos e xunto ao Arde Lucus, na Asociación Española de Festas Históricas.

Nas rúas, tamén persistirá viva a alma romana castrexa coa proxección dun vídeo mapping nocturno na Mosqueira coas imaxes dos festexos de anos anteriores. Será de venres a sábado, días nos que se notará a presenza de soldados romanos nas rúas.

Entre as novidades, anunciou a presenza da festa no popular vídeo xogo Super Quique, no seu nivel 2, que se estreará os vindeiros días.

Por outra banda, a carreira Mvrvs Lvcis tamén cambia este ano. Esta cuarta edición será virtual e solidaria, pois o recadado irá destinado ao acopio de material de protección para persoas vulnerables que as soliciten a través de asociacións que traballen no eido social. Os romanos e castrexos pasarán de retarse polo adarve da Muralla a unir esforzos para axudar aos máis necesitados en tempos difíciles. No sitio de ser o venres, como a miúdo, esta proba estenderase a venres, sábado e domingo.

O Arde Lucus tampouco quere esquecerse das vítimas do COVID, por iso,  conxuntamente coas asociacións que son a alma da celebración, organizarase unha homenaxe floral aos pés dos fundadores no fondo da Praza Maior.

Actividades para hoxe

  • AUGUSTI: A fundación da cidade
  • 19.00 h.
  • Habelas Hailas: O baile do Solsticio
  • 20.00 h.
  • PAX ROMANA: Antiga normalidade
  • 20.00 h.
  • COHORS III LUCENSIUM E GUARDIA PRETORIANA. A Milagrosa
  • 21.00 h.
  • TIR NA NOG: Zythos castrexo
  • 22.00 h.
  • VESTALES DE LUCUS AUGUSTI: Acendido do lume sagrado
  • A partir das 23.00 h.
  • Prendido da chama virtual Arde Lucus na Torre do reloxo da Casa Consistorial
  • 22.45 h.
  • Achádego Teatro: Xustiza, a xusta

Máis info

Noticias relacionadas