O Apalpador visitará a Praza de Abastos este venres a partir das 17:30

Cristina López: “continuamos a organizar actividades para achegar á veciñanza á Praza e ao Mercado ”
A visita contará con animación musical a cargo da Foliada de Bosende

Xoves, 26 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, lembrou que a partir das 17:30 do vindeiro venres, día 27, o Apalpador visitará a Praza de Abastos, acompañado pola animación musical da Foliada de Bosende.

“Dende a área de Participación continuamos a organizar actividades para achegar ás veciñas e veciños á Praza e ao Mercado, dinamizando así o centro da cidade e potenciando tamén o comercio local”, declarou Cristina López.

Cristina López lembrou tamén que a Zona de Lecer infantil da Praza de Abastos volverá abrir durante as festas, de luns a sábado entre as 10:30 e as 13:30 horas. A zona está orientada a nenos e nenas de entre 2 e 14 anos, e terá unha limitación de 10 persoas. As inscricións realizaranse de xeito presencial na zona de lecer, asinando a autorización que entregarán os monitores. Ademais, durante a tarde do día 27 o Apalpador recibirá ás nenas e nenos que o desexen na Praza de Abastos.

Noticias relacionadas