![[O ambiente festivo xa se respirsoue este venres nas rúas de Lugo coa VIII Noite Aberta] O ambiente festivo xa se respirsoue este venres nas rúas de Lugo coa VIII Noite Aberta](http://concellodelugo.gal/sites/default/files/styles/large/public/noticias/imagenes/2017/09/dsc_0601.png?itok=js9udH_4)
As Concelleiras de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico; Benestar Social, Igualdade e Inclusión, e Concello e Cidadanía, Ana Prieto, Ana Abelleira e Rosana Rielo, respectivamente; e outros membros da Corporación Municipal, asistiron este venres ao desfile de moda que inaugurou a VIII Noite Aberta, organizada pola Asociación de Autónomas de Lugo. O Concello de Lugo, dentro do seu impulso polo comercio de proximidade, colaborou con esta iniciativa que pon en valor o comercio local. No desfile, presentado pola artista Lucía Pérez, tamén estivo presente a presidenta de honra e a presidenta deste colectivo, Noral Real e Marta López, así como o Deputado de Innovación, Pablo Rivera.
Na VIII Noite Aberta participaron máis de 90 establecementos do centro da cidade, engalanados de rosa, ofrecendo importantes descontos nos seus produtos e distintas sorpresas nos locais, como actuacións en directo, cátering ou coctelería.