O alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo presentará mañá o seu primeiro disco

Manuel Núñez anunciou esta presentación, que terá lugar este martes, 20 de decembro, ás 20:00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

O Concello investiu esta ano preto de 63.200 euros na adquisición de diverso equipamento e material, que se incorporará ao futuro banco de instrumentos desta escola

Luns, 19 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo presentará mañá o seu primeiro disco

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, anunciou este luns a presentación do primeiro disco realizado polo alumnado da Escola Municipal de Música de Lugo, que terá lugar este martes, 20 de decembro, ás 20:00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). O disco conta cunha duración de preto de 52 minutos e con 17 temas, entre os que se atopan O Carro, Let Me Wait, Argallada de San Froilán, Rumba de Ramiro, ou Over My Head, entre outros.

Manuel Núñez amosouse satisfeito por esta publicación do primeiro disco desta escola, que está a ter moito éxito, xa que conta con máis de 700 alumnos e 1.000 matriculados, ademais de ter unha lista de espera de 400 persoas. O edil, quen convidou á cidadanía a achegarse mañá ao MIHL a gozar dunha boa xornada de música, aproveitou para lembrar que “o Concello investiu este ano preto de 63.200 euros na adquisición de diverso material, que se incorporará ao futuro banco de instrumentos desta escola”. Deste xeito, os alumnos matriculados poderán facer uso dos novos equipamentos que se poñerán á súa disposición, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades.

Con estas adquisicións, a entidade local pretende mellorar a impartición das distintas materias, así como facilitarlle un estudo de gravación para fortalecer a calidade da educación que recibe o alumnado.

 

Noticias relacionadas