O Alcalde visitou as obras de abastecemento e repavimentación da Ronda de Fontiñas que suporán unha mellora para os veciños

Esta intervención ten previsto cambiar o total das tuberias que eran de fribrocemento por tuberias de fundición e que supoñen case 2.500 metros

López Orozco tamén informou que o total de inversión nesta zona da cidade supera os 600.000 euros

Mércores, 18 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozoco, e o Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, acompañados de técnicos municipais visitaron o segundo tramo das obras de abastecemento e pavimentación que se está realizando na Ronda de Fontiñas.

As obras que teñen un orzamento de adxudicación de 371.149 euros supón a mellora da rede de abastecemento na que se cambiarán as tuberias de fibrocemento que presentaban averías por tuberías de fundición. Ademais o pavimento de Ronda das Fontiñas presentaba un importante deterioro, sendo a zona máis afectada a calzada dereita en dirección Avda. de Madrid, no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e Rúa San Xillao ademais dos deterioros superficiais do firme e algún afundimento que quedarán subsanados con estas obras.

López Orozco destacou a mellora que supoñen estas obras para os veciños e veciñas da zona no que se refire á rede de abastecemento pero tamén en materia de tráfico xa que se trata dunha vía con moitos vehículos e que non estaba nas mellores condicións.

Neste sentido o Alcalde tamén explicou que as obras “renovarán a rede de abastecemento na beirarrúa dereita de Ronda das Fontiñas no tramo comprendido entre Carril de Caiñós e Rúa San Xillao, mediante instalación de tubería de fundición, renovación de acometidas domiciliarias, chaves de paso, bocas de rego e incendio e que ten unha lonxitude de 1.000 metros”. Tamén se realizarán pequenas modificación na sinalización horizontal tal e como pedían os veciños da zona.

O Alcalde tamén anunciou que están en licitación unha nova fase de obras de abastecemento da rúa e co que se eliminará totalmente as tuberias de fibrocemento nesta rúa. Os tramos afectados por esta renovación serán dende a Rúa San Xillao a Rúa Montirón, beirarrúas dereita e esquerda; dende o final da Ronda de Fontiñas ata o inicio do Parque dos Paxariños, pola beirarrúa esquerda e dende a Rúa Montero Ríos ata Carril das Frores, pola beirarrúa da dereita. En todas elas instalarase tubería de fundición con válvulas de comporta, novas bocas de rego e de incendio, e a renovación das acometidas domiciliarias, sendo a lonxitude aproximada de renovación de 1.500 metros de tuberías. O orzamento de licitación é de 315.000 euros ive incluido e o prazo de execución de 4 meses.

Noticias relacionadas