O Alcalde visita a exposición de manualidades que clausura os obradoiros do CC Uxío Novoneyra

Luns, 07 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitaron hoxe a exposición dos traballos que fixeron este curso os alumnos dos obradoiros do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra.

Na exposición que estará aberta durante dúas semanas en horario de tarde, de 16.00 a 21.00 horas, amósanse os traballos de manualidades que fixeron os alumnos dos obradoiros celebrados durante este curso.

No Uxío Novoneyra impartíronse ata finais do mes de maio 33 obradoiros para adultos e nenos ós que asistiron máis de medio cento de alumnos.

Noticias relacionadas