O Alcalde recibe ao equipo lucense que participou nos Xogos Mundiais de Inverno de Special Olympics

Luns, 02 de marzo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron aos deportistas lucenses que participaron nos Xogos Mundiais de Special Olimpics celebrados no en IDAHO, en Estados Unidos.

Os seis deportistas de Aspnais conseguiron un total de dez medallas: cinco de ouro, dúas de prata e tres de bronce en modalidade de esquí alpino e raquetas.

O Alcalde resaltou a importancia de promover la práctica deportiva entre as persoas con discapacidade intelectual, xa que como todos e todas poden disfrutar e aproveitar as diferentes modalidades deportivas.

López Orozco suliñou a importancia que ten para a cidade que estes mozos e mozas conseguiran tan altas metas nestes xogos internacionais, convertíndose nun exemplo para todos e todas e dando unha clara mostra de que con esforzo e ilusión é posible acadar magníficos resultados, “o máis importante é que se vexa que non hai fronteiras”.

O Alcalde entregou a Vanessa, Laura, Sergio, Alejandra, Carlos e Goreti unha medalla da cidade como recordo da súa visita á Casa do Concello e dos logros acadados nesta competición internacional. Ademais, entregou un libro á entrenadora do equipo.

Multimedia

Noticias relacionadas