O Alcalde recibe ao deportista lucense David Veiga

Martes, 13 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados doutros membros do equipo de goberno, recibiron hoxe de xeito oficial a David Veiga, campión de España de marcha en ruta xuvenil.

Durante un acto distendido, o deportista lucense compartiu cos presentes os momentos máis importantes desta carreira que o ten colocado xa entre os deportistas de elite.

David Veiga confesou que os seus comezos neste deporte estiveron ligados ás carreiras do circuíto Corre con Nós, tal e como sucedera con María Abel, como lembrou o Alcalde.

Así mesmo, recibiu o ánimo e o apoio da Corporación e “de todos os lucenses representados por nós”, dixo o Alcalde, e invitárono a seguir a ser “un exemplo a seguir para os máis mozos”.

López Orozco desexoulle unha longa carreira nesta especialidade e pediulle que levara “o nome de Lugo polo mundo adiante con toda a dignidade que podas”.

Como recordo, o deportista recibiu unha réplica do cubo da Mosqueira da Muralla mentres afirmaba que polo momento non ten desexos de deixar Lugo.

Noticias relacionadas