O Alcalde participou na lectura de contos realizados por membros da Fundación Anade

O acto tivo lugar dentro da programación da 33º Feira do Libro de Galicia en Lugo

Mércores, 13 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Alcalde

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde no acto de lectura dos contos gañadores do X Premio Internacional de contos escritos por persoas con discapacidade cerebral organizado pola Fundación Anade.

No acto participaron persoeiros do mundo da política, da cultura, e do deporte que deron lectura a diferentes contos finalistas destes premios. Esta actividade está enmarcada dentro do programa da 33º Feira do Libro de Galicia en Lugo que estará aberto ata o domingo 17 de maio no fondo da Praza Maior.

Noticias relacionadas