O Alcalde participa nunha xuntanza da FEMP que estuda como atallar o problema que lle plantexa ás cidades a prostitución na rúa

Martes, 04 de setembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde, José López Orozco, participa hoxe nunha xuntanza que celebra en Santander a Federación Española de Municipios e Provincias que aborda temas como o problema que supón para as cidades o exercicio da prostitución na rúa.

López Orozco, que preside a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá da FEMP, avanzou que na xuntanza de hoxe tratase dun problema que “interesa moito ás cidades, que nos últimos tempos se ven afectadas por un repunte neste fenómeno”. “É un tema que nos preocupa e que trataremos na reunión, sen perder nunca de vista que as grandes perdedoras son as persoas, mulleres e homes, que se ven na necesidade de ofrecer este tipo de servizos moitas veces para malvivir”, dixo o Alcalde e explicou que se vai analizar no encontro un escrito presentado polo Concello de Madrid que propón a elaboración dunha normativa a nivel estatal dirixida a regular o problema que supón o exercicio da prostitución en vías e espazos públicos.

O Alcalde anunciou tamén que a Comisión de Seguridade e Convivencia Cidadá ocuparase tamén doutros asuntos como o primeiro borrador sobre as competencias das policías locais ou a ordenanza tipo de tráfico.

 

Noticias relacionadas