O Alcalde de Lugo visitou o circuito de bicicletas instalado con motivo da Semana Europea da Mobilidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, visitou esta tarde o circuito de bicicletas situado na Praza Ángel Fernandez Gómez e instalado polo Parque Infantil de Tráfico con motivo da Semana Europea da Mobilidade. Este espazo orientado a nenos e nenas estivo aberto de 17.30 a 19.30 horas.

Venres, 19 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ademais o Concello organizou diversas actividades para conmemorar esta celebración a nivel europeo e así o sábado, día 20, os autobuses urbáns serán gratuitos para os pasaxeiros durante todo o día, unha medida coa que se trata de contribuir a fomentar o uso do transporte público colectivo.

O domingo 21, será o Día sen Coches e, con este motivo, estarán restrinxidos os accesos o casco histórico, entre as 10.00 e as 18.00 horas, agás para os residentes, usuarios de aparcadoiros e servizos públicos.

A celebración do Día da Bicicleta 2014, será o colofón da Semana Europea da Mobilidade. Terá lugar o domingo, día 21 de setembro. A hora prevista de saída son as 12.00 horas, os participantes concentraránse as 11.30 h,  diante do Concello. O recorrido será o mesmo que nas ediccións anteriores e o remate terá lugar nas Termas.

As persoas que queiran inscribirse deben facelo ata o sábado anterior no Centro Comercial das Termas o que lles dará dereito a participar nun sorteo de agasallos ó remate do paseo en bici. En todo caso, non é necesario formalizar a inscrición para tomar parte nesta actividade.

Multimedia

Noticias relacionadas