O Alcalde de Lugo recibiu a visita dos boxeadores Alfredo Evangelista e Javier Castillejo

Venres, 19 de setembro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron esta mañá aos recoñecidos boxeadores Alfredo Evangelista e Javier Castillejo que participan esta tarde nunha velada benéfica de boxeo.

López Orozco agradeceulles a visita a Lugo e lembrou que “o deporte de boxeo estivo unha tempada en horas baixas pero grazas ao traballo de afeccionados como á colaboración e implicación do Concello de Lugo está volvendo a crear unha canteira de campións”.
Neste sentido, estivo falando cos dous boxeadores que agora se dedican ao entrenamento de novos púxiles, sobre os acontecementos máis importantes das súas carreiras e da súa traxectoria. Así, Alfredo Evangelista foi un dos poucos boxeadores que sobreviviu a 15 asaltos co mítico Muhammad Ali ou Cassius Clay. Pola súa parte, Javier Castillejo, foi un dos mellores boxeadores españois a nivel mundial xa que se fixo co Campionato do Mundo en dez ocasións e en diferentes categorias.

Multimedia

Noticias relacionadas