O Alcalde de Lugo recibiu a visita de estudantes daneses que están de intercambio en Lugo no IES Lucus Augusti

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu a visita de 25 alumnos da cidade vikinga de Roskilde en Dinamarca que están coñecendo a cidade de Lugo da man do I.E.S Lucus Augusti. Estes alumnos viaxaron por primeira vez a Lugo para coñecer esta cidade e reforzar a dimensión europea promovendo a mobilidade

Martes, 10 de marzo de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

José López Orozco explicoulles a importancia de crear unha Europa entre todos ademais de lembrar que “tanto Lugo como Roskilde teñen unha longa historia polo que a nosa experiencia pode servir para seguir creando unha Europa unida que respete as diferentes culturas”. O Alcalde tamén quixo agradecer o traballo que realizan os profesores e que fan posible este cambio de experiencias entre alumnos lucenses e alumnos europeos.

Os estudantes daneses pasarán unha semana na cidade e coñecerán ademais de Lugo outros puntos de Galicia xa que para todos é a primeira vez que visitan España.

 

Noticias relacionadas