O Alcalde de Lugo recibiu na Casa do Concello aos 15 policías locais que farán prácticas este verán na cidade

Luns, 07 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, e o Director Xeral da Policía Local, Darío Dieguez, recibiron na Casa do Concello aos 15 novos policías locales que se están a preparar na Academia Galega de Seguridade e que comezan hoxe as súas prácticas de verán na cidade.

 

O Alcalde felicitou aos novos policías polo éxito acadado na súa oposición e desexoulles o millor no seu traballo. Recordoulles que “están ao servizo dos cidadáns, o que é un traballo bonito, que comporta algúns riscos pero que despois do deber cumplido sentiranse moi satisfeitos”.

 

O mandatario local pediulle aos novos axentes “o máximo esmero no seu labor diario, xa que en moitas ocasións os policías son o espello da cidade, a súa amabilidade, educación e rigor na aplicación da lei”. López Orozco insistiu que neste momento de formación deben adquirir experiencia servindo aos cidadáns, obter información e ao chegar o momento tomar as decisións coa liberdade que da o cumprimento do deber e das normas que hai que cumprir e facelas cumprir”.

 

Os policías locais realizarán as súas prácticas nos meses de xullo e agosto, volverán á Academia Galega de Seguridade no mes de setembro para reiniciar o seu curso teórico-práctico que finalizará no mes de outubro. Xa no mes de novembro, incorporaranse ao servizo lucense como funcionarios en prácticas.

Noticias relacionadas