O Alcalde de Lugo recibe na Casa do Concello ao Campión galego de Cross

Mércores, 10 de febreiro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu acompañado polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, ao Campión Galego de Cross, Rubén Castro.

O Alcalde interesouse polos entrenamentos do atleta para chegar a acadar estas metas e felicitoulle polos seus grandes éxitos deportivos levando o nome de Lugo ao máis alto dos podiums; e sobre todo, polo último título conseguido en Carballo a finais de xaneiro.

O atleta recibiu como recordo da súa visita unha figura da Muralla de mans do Alcalde.

Multimedia

Noticias relacionadas