O Alcalde de Lugo participa na recepción aos estudantes Eramus e Séneca da USC

Martes, 06 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, participaron esta mañá na recepción aos estudantes de becas Eramus e Séneca que estudarán no Campus de Lugo da USC durante o curso 2009-2010.

Neste acto estiveron presentes ao redor de 30 estudantes dos case sesenta que realizarán as súas carreiras universitarias no campus lucense.

López Orozco deulles a benvida á cidade e manifestou a satisfacción como Alcalde “de que pasedes todo un curso académico nesta cidade que conta con máis de 2.000 anos de historia”.

Na súa intervención o Alcalde indicou que é “un profundo europeísta, creo en Europa por enriba doutras cousas”, e engadiu, “Europa é un sono de máis de 50 anos, que se fai así a través da paz, do respecto e do coñecemento, e vosoutros sodes o mellor exemplo”.

O Alcalde non deixou de aproveitar a ocasión para animar aos estudantes estranxeiros a participar nas festas de San Froilán e a disfrutar delas.

Multimedia

Noticias relacionadas