O Alcalde de Lugo e o Concelleiro de Deportes visitan a nova Casa do Deporte da cidade

Venres, 21 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, visitaron hoxe a nova Casa do Deporte coa que xa conta o Concello de Lugo, acompañados doutros membros da Corporación Municipal. A forte aposta do Goberno Local polo deporte base e pola práctica deportiva xeralizada materialízase coa apertura destas instalacións que cumpre coa demanda existente dende hai anos na cidade e que permitirá concentrar moita da actividade administrativa que rodea ó deporte na nosa cidade.

 

O Alcalde manifestou a súa “satisfacción por cumprir un soño como o de ofrecer aos clubs e federacións da cidade un espazo que conta con instalacións como estas nos que podan ter diferentes xuntanzas e actos”

 

A nova dotación deportiva, ubicada no primeiro andar do polideportivo Municipal da Avenida Duquesa de Lugo conta cunha superficie de 450  metros cadrados con 20 locais, unha sala de reunións para 10-12 persoas, un salón de actos para unhas 50 persoas, unha sala de servizos comúns que incluiría telefonía, reprografía… Todos os locais contarán con coa instalación de liña telefónica e Internet.


O edificio conta coa infraestructura necesaria para cumplir coa accesibilidade e facilitar a participación de toda a cidadanía.


Os 20 locais da Casa do Deporte foron adxudicados xa a tres Federacións Galegas, catro delegacións de federacións galegas e 13 clubes da cidade.

 
Con esta dotación, que contou cun orzamento de 280.000 euros, o recinto de Frigsa convértese nun referente do deporte lucense con máis de 30.000 metros cadrados deportivos construídos.

 

Díaz Grandío explicou que se trata dunha importante infraestrutura que proporciona un espazo de convivencia aos deportistas luceneses.


Ademáis o Alcalde e o Concelleiro visitaron os novos vestiarios do Campo de Fútbol Luís López Gorgoso que están en funcionamento dende o inicio da presente tempada en setembro de 2008.

 

Cunha superficie de 240 metros cadrados conta con catro vestiarios para os equipos, dous vestiarios para os arbitros, dous baños para o público que asista aos partidos, un almacén e un local social que xa está sendo utilizado polo CD Milagrosa.

 

Estos novos vestiarios son unha mostra ademáis do compromiso do Concello de Lugo coa conservación do medio ambiente, ao utilizar enerxía solar como a primeira opción. A través das placas solares quéntase a auga das duchas dos vestiarios.

 

Este proxecto contou cun orzamento de 200.000 euros

 

 

O Alcalde anunciou que próximamente se levarán a cabo outras obras de melloras nas instalacións deportivas da cidade como dotar dun novo peche á piscina de verán do complexo deportivo de Frigsa, pintar a piscina de Frigsa e modificar os muros que rodean o campo de fútbol de As Gándaras. Todas estas obras contarán cun orzamento aproximado de 150.000 euros.

Noticias relacionadas