O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Muller e Benestar Social visitan as clases de Tai-Chi ao aire libre organizadas polo Concello

Luns, 20 de xullo de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, asistiron esta tarde a unha das clases de Tai-Chi ao aire libre englobada dentro da programación de actividades Verán en Lugo organizada polo Concello.

O pasado 2 de xullo, comezou esta actividade que se ven celebrando dende fai anos e que recibe unha exitosa acollida entre os lucenses.

O Alcalde e a Concelleira puideron coñecer de primeira man cómo esta disciplina milenaria non ten ningunha contraindicación médica polo que está recomendada para persoas de todas as idades. A súa práctica favorece a elasticidade corporal, a coordinación de movementos e o sentido do equilibrio, ademais de fomentar a serenidade.

Este verán, o Tai Chi ao aire libre impártese os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas no Parque da Milagrosa, e os martes e os xoves de 10:30 a 11:30 horas no Parque de Rosalía de Castro.

Para poder participar non é preciso inscrición previa, ademais é unha actividade aberta ao público e gratuíta. Os interesados en asistir só teñen que presentarse nas clases con roupa e calzado cómodo e con vontade de relaxarse.

Multimedia

Noticias relacionadas