O Alcalde de Lugo asistiu ao concerto didáctico da Banda Municipal de Música no CEIP Illa Verde

Xoves, 03 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promocion da Lingua, Carmen Basadre, asistiron ao concerto didáctico que levou a cabo a Banda Municipal de Música no Ceip Illa Verde e ao que asistiron os nenos e nenas de entre 3 a 7 anos.

A actividade, que comezou no mes de abril, permite ensinar aos nenos e nenas de entre 3 a 12 anos, os diferentes tipos de instrumentos musicais e achegarse á música en vivo de maneira didactica. Durante a actividade, que ten unha duración aproximada de hora e media, na que a través da música se recrea unha historia con diferentes sonidos.

Como novidade, e visto o éxito do ano pasado, resérvanse os días 10 e 17 de xuño no Auditorio Municipal Gustavo Freire, para dous concertos dirixidos a colexios que o solicitaron da provincia de Lugo coa idea de que outros nenos e nenas que non dispoñen de Escola Municipal de Música poidan coñecer os instrumentos e melodías clásicas dirixidas a súa idade. As pezas musicais coas que se traballan este ano son As Catro Estacións, Nun Mercado Persa, Sinfonía dos Xoguetes e Carnaval dos Animais.

Os concertos didácticos vanse levar a cabo nos colexios do Sagrado Corazón, Paradai, Milagrosa, San José, A Ponte, Illa Verde, Virxe da Soidade, Maristas, Rosalia de Castro, Divina Pastora, Luis Pimentel, Casas, Anexa, Fingoi nº2, Quiroga Ballesteros, Manuel Mallo, As Mercedes e no IES Muralla de Lugo.

Multimedia

Noticias relacionadas