O Alcalde asistiu ó primeiro acto de defensa dunha tese de doutoramento na Casa do Saber de Lugo

Luns, 11 de abril de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Voceiro do Goberno local, José Rábade, asistiron este venres á lectura da primeira tese de doutoramento que tivo lugar esta mañá que tivo lugar na Casa do Saber.

O Alcalde agradeceu o achegamento da actividade académica e da Universidade en xeral á vida da cidade.

A Casa do Saber foi o lugar escollido polo xa doutor Andrés Manuel García Lamparte para a presentación do seu traballo de ‘Simulación do crecemento urbano en Galicia mediante modelos de autómatas celulares aplicado no Concello de Ribadeo. A tese estivo dirixida por Rafael Crecente e Inés Santé, da Escola Politécnica Superior e ao acto de defensa tamén asistiu, o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón.

García expón a necesidade de estudar os fenómenos de expansión urbana para poder abordar os problemas xerados a partir dos mesmos con políticas de planificación axeitadas. Pero o doutor apunta a dificultade disto dada a complexidade dos distintos procesos de crecemento urbano. A creación de modelos que axuden aos planificadores a analizar as dinámicas urbanas e a facer extrapolacións futuras dos procesos de crecemento actuais para estudar as consecuencias das políticas que intentan regular o crecemento das cidades é, para o investigador, unha das solucións a estes problemas, xa que deste xeito, os procesos de planificación serían menos custosos e “as solucións adoptadas abordarán mellor os problemas”.

Na súa exposición, o doutor, partiu da premisa de que na segunda metade do século vinte, as melloras socioeconómicas posteriores á segunda guerra mundial levaron a un proceso de concentración da poboación nas áreas urbanas en case todo o mund