O actor Gabino Diego presentou esta tarde na Casa do Concello o seu monólogo Una noche con Gabino (Diez años después)

Mércores, 12 de marzo de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 O Alcalde accidental, Luis Álvarez, e o actor Gabino Diego, presentaron esta tarde o espectáculo Una noche con Gabino (diez años después) que se porá en escea mañá xoves 13 de marzo ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire.

Luis Álvarez sinalou que “é unha alegría poder ter a un actor como este na nosa cidade para que nos saque un sorriso que nesta época é moi importante e que os veciños e veciñas poidan desfrutar de actuacións de renome”.
Pola súa parte, Gabino Diego, sinalou que “estar na cidade de Lugo é un pracer porque é unha cidade que me encanta ademais de que está moi ben cuidada” e lembrou a época na que estivo vivindo na cidade por motivos da grabación da película Os outro feirantes.
Con este traballo, Gabino Diego, retorna cunha velada teatral na que nos mergulla nun divertido percorrido por fábúlas urbanas: personaxes, situacións, imitacións e cancións cos que nos convida a asomarnos á creación mesma do propio espectáculo. O propio actor sinalou que é “un prato combinado de comedia e no que, incluso, se resucitará a Elvis”. O espectáculo ten unha duración de 90 minutos nos que fará desfrutar aos asistentes con música e bo humor.
A retirada das entradas mercadas a través da web entradas.lugo.es poderanse recoller no Centro de Interpretación da Muralla ata as 13.00 horas de mañá xoves. Tamén se poderán mercar dende unha hora antes nas taquillas do Auditorio. O prezo das entradas será de 10 euros na zona A e de 8 euros nas zonas B e C e terán un desconto de 2 euros os desempregados, menores de 30 anos e xubilados.

Multimedia

Noticias relacionadas