O 75% dos deportistas que participarán nas ‘Special Olympics Galicia’ son de Lugo

Os xogos celebraranse este sábado, 13 de novembro, no Polideportivo Municipal Casa do Deporte.

A inauguración da proba terá lugar ás 11:15 horas, estando prevista a súa clausura para as 20:00 horas nas mesmas instalacións.

Xoves, 11 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O 75% dos deportistas que participarán nas ‘Special Olympics Galicia’ son de Lugo

O concelleiro de Deportes e Xuventude, Mauricio Repetto, presentaba este xoves no Concello de Lugo, os XXV Xogos Autonómicos de Baloncesto ‘Special Olympics Galicia’ para persoas con discapacidade intelectual, o edil destacou no encontro que “o deporte representa unha real importancia no desenvolvemento persoal e social dos individuos que o practican e un dos principais beneficios a ter en conta é aquel de índole psicolóxico, por eso é moi importante que sigamos a colaborar nestas iniciativas”.

Esta competición, que contará con preto de 75 deportistas, pertencentes a 7 asociacións de toda Galicia, dos que preto do 75% serán da provincia de Lugo. Os xogos celebraranse este sábado, 13 de novembro, no Polideportivo Municipal Casa do Deporte. A inauguración da proba terá lugar ás 11:15 horas, estando prevista a súa clausura para as 20:00 horas nas mesmas instalacións.

Sete asociacións de diferentes cidades galegas estarán representadas nesta 25ª edición, entre elas a anfitrioa de ASPNAIS, que participa con 11 atletas nas probas individuais. O colectivo PRODEME de Monforte conta co maior número de deportistas, 15 en total, mentres que  SAN VICENTE de Lugo, competirá con 12, ASPANANE de Viveiro, traerá a 8 deportistas, SAN FRANCISCO de Vigo participará con 9 e ASFAVAL e ASPANAS de O Barco e Ourense participàrán con 5 e 12 deportistas respectivamente.

Ao acto tamén asistiron o Deputado Provincial, Pablo Rivera; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; un membro da xunta directiva de Aspnais, Ovidio Barreiro así como o deportista de Aspnais, Miguel Vázquez.

Na presentación, Mauricio Repetto agradeceu á organización deste evento “por permitirnos colaborar con estes xogos ‘Special Olympics’, que perseguen ofrecer un sistema de competición para tódalas asociacións de persoas con discapacidade intelectual que están a traballar ao longo de todo o ano nas diferentes modalidades deportivas pero que precisan dun aliciente para o adestramento e a superación diaria”.

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, destacou no acto a colaboración da Deputación de Lugo neste evento, que “é todo un exemplo de inclusión e conecta coa nosa firme aposta polas  políticas sociais”. Así mesmo, destacou que son as “administracións xunto coa sociedade debemos traballar por botar abaixo barreiras físicas, psicolóxicas e sociais”. Desde a institución provincial colabórase con este evento para concienciar da importancia do deporte como unha práctica vital para fomentar a inclusión a través da visibilización, pero tamén para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Pola súa banda, Ovidio Barreiro agradeceu “tanto ao Concello como á Deputación a colaboración permanente a este tipo de iniciativas tendentes á impulsar a convivencia e superación de todos e todas estas atletas”.

Eladio Fernández, animou a que “participen todas aquelas persoas con discapacidade intelectual que queiran e demostrar á sociedade que poden facer diferentes actividades contando co apoio necesario”.

Miguel Vázquez, deportista que participou en edicións pasadas de diferentes disciplinas, e que participará no encontro, apuntaba que tiña moitas ganas de reunirse cos compañeiros de outras asociacións.

SPECIAL OLYMPICS GALICIA

É unha Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual que traballan para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o lecer, a cultura e o voluntariado.

O obxectivo é fomentar as capacidades persoais de cada participante, potenciando características como a iniciativa, o liderado, a cooperación, o valor e o  autodominio, o que se traduce nunha mellora da confianza e amor propio da persoas con discapacidade intelectual.

 Audio

  • O concelleiro de Deportes e Xuventude, Mauricio Repetto, sobre o Special Olympics| Descargar mp3

Noticias relacionadas