O 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, celebrarase o xoves, 5 de novembro

Mércores, 28 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, celebrarase o xoves, 5 de novembro

A Concellaría de Muller, Igualdade e Xuventude vén de anunciar que o 1º taller da programación de conferencias “Mocidade e novas adiccións”, que fora aprazado o día 7 de outubro, celebrarase o xoves, 5 de novembro ás 17:30 horas no CEI-NODUS. Versará sobre o uso dos videoxogos e as apostas en liña (que constitúen novas formas de ludomanía).

Todas as mozas e mozos, familias e profesorado interesado en asistir, debe inscribirse a través do mail maisporti2020@lugo.gal, indicando no ‘asunto’ "Mocidade e novas adiccións" e no corpo do mail:

  • Nome
  • Apelidos
  • Profesor ou Familiar: (indicar un)
  • Nome da Escola ou Instituto
  • Taller ou Evento : Taller 1

Tamén se pode realizar xa a inscrición nese mesmo enderezo electrónico para a xornada final desta programación, que contará coa presenza de Xosé Antonio Toruriñán, e que se celebrará o 26 de novembro no Codex Cinema.

Máis info

Noticias relacionadas