Numerosas persoas participaron nas actividades do Día Mundial da Calceta en Público na Praza Maior

Venres, 15 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, achegouse esta mañá á xuntanza pública para calcetar e ganchillar que haberá durante todo o día de hoxe na Praza Maior.

Con motivo do Día mundial da Calceta en Público, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Xuventude organizou esta actividade aberta para todo o público que queira calcetar e ganchillar en compañía doutros que comparten a mesma afección. Esta actividade ten coma obxectivo retomar a costume de saír á rúa a calcetar e pasar un tempo de conversa e relación cos demais.

Este evento, que xa se realiza noutros lugares da comunidade, terá lugar na Praza Maior de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Recoméndase que os participantes traian cadeira e o material de calceta ou ganchillo.

Multimedia

Noticias relacionadas