Novas Tecnoloxías acollerá un curso de Iniciación á Facturación Electrónica dirixido a profesionais, autónomos e pemes que facturen á administración pública

A formación terá lugar entre o 3 e o 7 de febreiro en horario de 19:00 a 21:00 horas

Mércores, 29 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Novas Tecnoloxías acollerá un curso de Iniciación á Facturación Electrónica dirixido a profesionais, autónomos e pemes que facturen á administración pública

O centro de Novas Tecnoloxías acollerá a vindeira semana un curso de Iniciación á Facturación Electrónica da Administración Pública (FACE) dirixido a profesionais, autónomos e pequenas empresas que facturen á administración pública.

A formación, para a que se esixe un nivel de coñecemento previo baixo, terá unha duración de dez horas e impartirase do 3 ao 7 febreiro, en horario de 19:00 a 21:00 horas. Hai 15 prazas dispoñibles.

Así mesmo, durante os vindeiros sábados 8 e 15 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas desenvolveranse dúas titorías tecnolóxicas.

As persoas interesadas en participar en calquera das dúas accións poderán inscribirse no propio centro, a través do número de teléfono 982.29.73.77 ou no correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal.

Noticias relacionadas