Nova licitación de obras en barrios: a pavimentación en Santo Graal e a ampliación do abastecemento en Saamasas

Os traballos contan cun orzamento de 310.000€ e 79.000€, respectivamente, e un prazo de execución de meses para as primeiras tarefas e de tres meses para as segundas

Xoves, 13 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Goberno vén de sacar a licitación dúas novas obras en barrios: a rehabilitación de firme na rúa Santo Graal, na Piringalla, e a amplicación da rede de abastecemento en Saamasas. O Perfil do Contratante publica hoxe estas dúas obras, enmarcadas no Plan de Barrios do equipo de Lara Méndez, e que contan cun orzamento de licitación de 310.000 euros e 79.000 euros respectivamente. O prazo de presentación de proposicións será de vinte días naturais, é dicir ata o 2 de xaneiro.

As tarefas en Santo Graal consisten en mellorar o firme, pois atópase cun estado superficial inadecuado con múltiples zonas de grietas e pavimento cuarteado. O prazo de execucución dos traballos será de 6 meses.

No caso das Saamasas, o Concello dotará a este núcleo da rede de abastecemento municipal xa que actualmente a veciñanza da contorna ten pozos particulares; ampliando deste xeito a rede que existe nas proximidades.

Con estas obras, o Goberno de Lugo amosa unha vez máis o seu compromiso por mellorar os distintos barrios de Lugo e por garantirlle á veciñanza servizos públicos de calidade, que faciliten o seu día a día. 

Audio

Noticias relacionadas