Nova edición de Diversiarte: a alternativa solidaria para mercar os agasallos de Nadal que aposta pola diversidade e a inclusión

A Alcaldesa, xunto á Concelleira de Benestar, inagurou o mercadiño, que organiza o Concello un ano máis en colaboración co tecido social do municipio

Estará aberto ata venres, na Praza Anxo Fernández Gómez, de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas

Mércores, 12 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nova edición de Diversiarte: a alternativa solidaria para mercar os agasallos de Nadal que aposta pola diversidade e a inclusión

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, inaugurou este mércores unha nova edición do mercadiño solidario Diversiarte, que acolle a Praza Anxo Fernández Gómez ata venres, en horario de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas. No acto estiveron presentes outros membros da Corporación Municipal así como representantes dos 24 colectivos participantes.

Lara Méndez agradeceu a implicación no ámbito social de todos e cada un dos colectivos que traballan en favor dos dereitos das persoas e animou aos lucenses a realizar as súas ocmpras de Nadal neste mercadiño, onde se poden atopar todo tipo de obxectos realizados polos membros das asociacións.

Esta é unha consolidada iniciativa organizada polo Concello, en colaboración co tecido social da cidade, co obxecto de facer máis visible o traballo que realizan as entidades que participan. Nesta edición foi ASPNAIS a encargada de coordinar o mercadiño, que conta con 20 stands, e os seguintes colectivos: AFALU, Diabéticos Lucenses, Os Pinchacarneiros, San Vicente de Paúl, AGAL, Síndrome Wolf, FEAFES, Alume, COGAMI, Down, Raiolas, AECC; Alusor, Alufi, ONCE, Auxilia, Aspnais, Fademga, Alcer, Asorlu, Aspace, Bonhomía, APALU e ADACE.

Pola súa banda, a Fundación ANADE de novo levará a cabo estes mesmo tres días unha exposicións de pinturas ao Edificio de Novas Tecnoloxías, así como a exhibición de películas, o xoves e venres, de 11:00 a 13:00 horas. As proxeccións son as seguintes:

  • Xoves, de 11:00 a 13:00 horas. Colores, Símbolo, Máis ca vida, Cazatalentos e Fuerza
  • Xoves, de 17:30 a 20:00 horas. Cisco 2020, Un juego llamado esperanza e La barbería
  • Venres, de 11:00 a 13:00 horas. Cisco 2020, Un juego llamado esperanza e La barbería
  • Venres, de 17:30 ás 20:00 horas. Colores, Símbolo, Máis ca vida, Cazatalentos e Fuerza

Noticias relacionadas