Non te deixes atrapar, composición gañadora do concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero

Trátase dunha ilustración realizada en plastilina que escenifica unha muller que intenta cortar os fíos que limitan a súa liberdade

O fallo produciuse na Casa da Muller, tras analizar o xurado os 18 traballos presentados ao concurso. O gañador recibirá un agasallo e un premio dotado de 600 euros

Mércores, 02 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Non te deixes atrapar, composición gañadora do concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero

El Concurso de diseño gráfico sobre la violencia de género, organizado por el Ayuntamiento a través da Casa da Muller xa ten gañador. Trátase da obra Non te deixes atrapar, do británico, pero afincado en Murcia, Cristóbal Aguiló Domínguez, unha ilustración realizada en plastilina que escenifica unha muller que intenta cortar os fíos que limitan a súa liberdade. O fallo produciuse na Casa da Muller, tras analizar o xurado os 18 traballos presentados ao concurso. O gañador recibirá un agasallo e un premio dotado de 600 euros.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, a Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Múñoz, e persoal técnico da Casa da Muller.

A edil amosou a súa satisfacción pola alta participación neste certame, do que sae a imaxe oficial do cartel das actividades organizadas polo Concello que conmemorarán o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. “Trátase dun deseño que reflexa que ninguén pode controlar a vida dunha muller, nin illala socialmente, unha das formas nas que se pode producir a violencia machista, xunto á agresión física ou verbal”, manifestou a edil, ao tempo que fixo fincapé na importancia da concienciación cidadá para loitar entre todos e todas contra esta lacra social, da que foron vítimas mortais no que vai de ano 36 mulleres, sen esquecer aos menores que a padecen e ás súas familias e amizades.

Multimedia

  • Non te deixes atrapar, composición gañadora do concurso de deseño gráfico contra a violencia de xénero

Noticias relacionadas