As nenas e nenos da Aula Aberta de Fingoi participarán nunha excursión ao Veral

Mércores, 23 de xullo de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza un viaxe á aula de natureza do Veral dentro do programa de Verán destinado ás rapazas e rapaces que participan nas Aulas Abertas do Centro Social Municipal de Fingoi.
 
Esta excursión, terá lugar o 28 de xullo para as nenas e nenos de entre 4 e 6 anos e o 30 de xullo para os de 7 a 12 anos. Ambolos dous días a saída terá lugar ás dez menos cuarto da mañá do Centro Social de Fingoi e regresarán sobre a unha e media da tarde.

Serán ao redor de 40 nenos e nenas que realizarán actividades diferentes dependendo da súa idade. Os maiores realizarán unha ruta de dúas horas no entorno do río Mera na que realizarán diferentes xogos educativos. Pola súa banda, os máis pequenos participarán en actividades relacionadas coa natureza como dibuxar follas de árbores, ou aprender a diferenciar os cantos dos páxaros.

Con esta iniciativa o Concello quere achegar aos rapaces e rapazas da cidade á natureza para que aprendan a respetala e a coidala.

Noticias relacionadas