Narrativa para concienciar aos máis novos da problemática social da violencia de xénero

Ana González Abelleira presentou este luns as bases do VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que convoca o Concello para difundir a importancia de acabar co machismo

Todos os interesados en participar poden entregar os seus traballos ata as 13:00 horas do 20 de maio na Casa da Muller

Luns, 25 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Narrativa para concienciar aos máis novos da problemática social da violencia de xénero

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou este luns as bases que rexerán o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, que convoca o Concello para difundir a importancia de acabar coa violencia de xénero e o machismo.

Durante o acto de presentación, a Concelleira subliñou a importancia deste certames para educar nunha igualdadade real e efectiva entre mulleres e homes á poboación máis nova e para sensibilizar aos mozos e mozas das estatísticas de violencia de xénero, que no que vai de ano acabou con 16 mulleres, segundo datos do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Neste concurso poderán participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos. Os traballos serán inéditos, escritos en lingua galega. O tema será libre, basada en calquera aspecto relacionado coa igualdade entre mullere e homes: o reparto das tarefas do fogar, o coidado das persoas ou o acceso ao traballo, entre outros. A extensión máxima será de cinco folios e deberase presentar por triplicado nun sobre co texto VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, sen remite e baixo un lema, e noutro sobre, co mesmo lema, os datos persoais do participante, que poderán presentar ata un máximo de tres traballos.

As narracións serán enviadas á Casa da Muller, situada no Parque da Milagrosa, na Avenida da Coruña, 212, ata as 13:00 horas do día 20 de maio de 2016.

Estabécense dúas categorías, de 12 a 14 anos, e de 15 a 18 anos, e tres premios para cada categoría, consistentes nun diploma e premios de entre 60 e 250 euros. A decisión do xurado farase pública no mes de xuño.

Máis información en www.lugo.gal, na Casa da Muller, no teléfono 982-29-74-12 e no enderezo electrónico cmuller@concellodelugo.org

Audio

  • Ana Abelleira, sobre o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais |Descargar mp3

Máis información

  • Bases para o VI Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais | Descargar pdf

Noticias relacionadas