Nadal no Mercado Municipal e na Praza de Abastos: ludoteca e unha masterclass coa finalista de masterchef junior 4, Paloma Martínez

Rosana Rielo avanzou a programación de obradoiros, que arrincará este venres e ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:00 a 13:30 horas. O xoves 28 celebrarase a clase de cociña saudable

Con ambas as actividades, o Concello pretende fomentar a vida san e que os nenos e nenas, dende a súa corta idade, aprendan os beneficios dunha alimentación saudable cos produtos de calidade que se venden na Praza de Abastos e no Mercado

Mércores, 20 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Nadal no Mercado Municipal e na Praza de Abastos: ludoteca e unha masterclass coa finalista de masterchef junior 4, Paloma Martínez

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, avanzou este xoves as actividades de Nadal gratuítas que terán lugar no Mercado Municipal e na Praza de Abastos. Arrincarán o venres día 22 de decembro cunha ludoteca, que se desenvolverá de luns a venres, excepto festivos, ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:00 a 13:30 horas; para que os nenos e nenas, de 2 a 10 anos, se divirtan mentres os maiores fan as compras de Nadal.

Na ludoteca terán lugar obradoiros de cociña creativa e alimentación saudable así como distintos xogos populares. O aforo da ludoteca é de 15 prazas e o tempo de permanencia nela será dunha duración máxima de hora e media. Para participar non é precisa a inscrición, soamente achegarse ata estas instalacións municipais e cubrir a documentación facilitada polos responsables.

Para o xoves 28 de decembro, o Concello ten preparada unha masterclass a cargo dunha das finalistas de Masterchef Junior 4, Paloma Martínez, a partir das 18:00 horas, nas instalacións do mercado municipal. Con ambas as dúas actividades, o Concello pretende fomentar a vida san e que os nenos e nenas, dende a súa corta idade, aprendan os beneficios dunha alimentación saudable cos produtos de calidade que se venden na Praza de Abastos e no Mercado.

"Estamos seguros de que ambas as dúas actividades redundarán nunha maior afluencia, e polo tanto, nun incemento das vendas nestas dúas instalacións municipais. Ademais, esta programación forma parte da política que está a levar a cabo o Goberno nestes espazos, coa que queremos contribuír ao seu coñecemento e á súa dinamización comercial, que se virá culminada coa peonalización e cobertura da rúa Quiroga Ballesteros", concluíu a Concelleira.

Máis información en www.lugo.gal e no Servizo de Información Municipal 010

Documento

Audio

Multimedia

  • Nadal no Mercado Municipal e na Praza de Abastos: ludoteca e unha masterclass coa finalista de masterchef junior 4, Paloma Martínez

Noticias relacionadas